O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá dende o 7 ao 18 de outubro, 12 funcións do novo espectáculo de Teatro do Noroeste, o musical Glass City. Eduardo Alonso é o autor e director desta obra de gran formato, con música en directo e interpretado por 14 actores e músicos, que abre a nova tempada do escenario que xestiona o Centro Dramático Galego. As representacións de Glass City desenvolveranse con catro pases para escolares (os días 7, 8, 14 e 15, ás 10.30 horas) e oito para público xeral os días 8, 9, 10, 11, 15, 16, 17 e 18 de outubro (de xoves a sábado, ás 20.30 horas e os domingos, ás 18.00 h). As entradas para asistir a estas últimas funcións xa están á venda.
 
Vía Agadic.
  • Share/Bookmark